Xacobeo Galicia

Presentación do equipo

A creación do equipo profesional galego Xacobeo Galicia xorde do empeño da Consellería de Cultura e Deporte en dar resposta a unha demanda longamente ansiada pola sociedade galega e, en particular, polo amplo e recoñecido mundo do ciclismo galego, de longa traxectoria que fixa os seus comezos nos finais do século XIX.

O equipo, denominado inicialmente Karpin Galicia, tivo a súa primeira confirmación pública o 29 de maio 2006 no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Nese acto anunciouse non só o compromiso por parte da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia de levar a diante o ilusiónante proxecto, senón que tamén se presentou o seu director deportivo, Álvaro Pino.

O 26 de agosto de 2008 ten lugar a incorporación como patrocinador da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo para a Vuelta Ciclista a España 2008 e ata pechar a tempada. Trátase dun patrocinio publicitario derivado da excelente tempada do equipo ciclista profesional galego.

Entre outros, son obxectivos do Xacobeo Galicia:
  • Dar unha oportunidade aos ciclistas galegos para continuar a súa traxectoria deportiva en Galicia ao máximo nivel.
  • Ser un referente para os ciclistas que comezan a súa carreira e para o ciclismo de base.
  • Converterse nun estímulo á práctica deportiva entre a xuventude.
  • Ser referente dun novo deporte galego polo mundo adiante.

Imprimir Enviar


© Fundación Ciclismo Galego

Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?